" />

Os axentes da Patrulla Verde do Concello tramitaron máis de 1.500 denuncias e informes

Os axentes da Patrulla Verde do Concello de Lugo tramitaron un total de 1.537 expedientes no primeiro semestre do ano 2015, 350 denuncias administrativas e 1.187 informes. No que se refire a denuncias, preto do 50% do total, unhas 165, corresponden ao servizo da xestión e disciplina urbanística. Das restantes, 90 son en materia de tráfico, 63 por ocupacións de vía sen autorización e 32 a vehículos en estado de abandono.

No tocante a informes, a Patrulla Verde, un servizo da Policía Local que ten como principal labor a protección do medio ambiente, elaborou 312 sobre ocupacións da vía pública con valos, plataformas elevadoras e guindastres; un 26% do total. Os axentes tamén realizaron 200 informes sobre diversas comprobacións para o servizo de disciplina e xestión urbanística, 160 sobre a instalación de colectores de entullos de obras e 110 sobre ocupacións da vía pública con terrazas. O 34% restante dos informes refírense a diversas cuestións solicitadas polo negociado de Policía (99), á comprobación de residencia para o servizo de estatística (80), informes de réxime interno (66), informes sobre diversas comprobacións de vehículos en estado de abandono (40), en relación a diversas festas patronais (35), sobre diversos aspectos de pasaxes (26) e sobre vehículos retirados da vía pública por abandono (16).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo