Os Bolechas protagonistas do libro sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou onte no CEIP de Cervantes a guía de Os Bolechas: Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, cuxo autor é Pepe Carreiro. Á cita acudiron os 3 centros da Reserva dos Ancares (Cervantes, Navia de Suarna, Becerreá), o centro de As Nogais e as persoaxes dos Bolechas. O Goberno da Deputación editou 8.200 exemplares que se repartirán entre todos os centros escolares lucenses para poñer en valor e dar a coñecer a Reserva da Biosfera dos Ancares entre os alumnos da provincia, e deste xeito, poidan traballar e familiarizarse co entorno.

Fernández Queipo sinalou que “a Reserva da Biosfera dos Ancares é un dos patrimonios naturais lucenses máis valiosos e dende o Executivo Provincial, traballamos para divulgar a importancia destes espazos entre a poboación. Por iso, escollemos aos personaxes dos Bolechas como protagonistas desta guía, onde amosan a riqueza natural, cultural e patrimonial dos montes de Cervantes, Navia e Becerreá, e así facer conscientes os máis cativos do privilexio e orgullo que supón vivir nun lugar coma este.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo