" />

Os Bolechas regresan a Lugo para fomentar o uso dos vieiros escolares

A familia galega de animación máis coñocida polos nenos e nenas regresa a Lugo cunha nova publicación: Os Bolechas van polo vieiro escolar. Trátase dunha iniciativa no marco da posta en marcha destes camiños seguros para ir ao cole que está desenvolvendo o Goberno Local e que vai permitir o seu uso grazas á inestimable colaboración dos personaxes de debuxo máis seguidos e queridos polos nenos e nenas.

Os Bolechas van polo vieiro escolar, que presentou este mércores, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez; narra unha nova peripecia desta familia que visita ao seu amigo Froilán, que vive en Lugo, e van á súa escola polo vieiro seguro e con cadaseu chaleco reflector. Os Bolechas atópanse cunha serie de situacións, nas que á mobilidade se refire, ata chegar ao seu centro escolar.

“A través desta publicación didáctica, adaptada e divertida pretendemos achegar os máis pequenos a bos hábitos como cruzar o paso de peóns en verde ou discorrer pola beirrarúa e non baixar á calzada”, subliñou Lara Méndez, quen agradeceu ao seu autor, Pepe Carreiro, por trasmitir de tan boa forma, como nos libros anteriores, estes comportamentos e condutas. Así mesmo, fixo fincapé en que é unha publicación que pretende tamén concienciar aos papás e mamás, “para que entre todos vexamos aos vieiros como a mellor forma de ir aos centros educativos”.

Lugo forma parte da Asociación Internacional de Cidades Educadoras, aceptando o compromiso de impulsar todos os recursos educativos da cidade, en todos os os seus ámbitos. “Por iso, neste libro tamén queremos facer ver que ir andando da casa ao colexio, ao igual que fan Os Bolechas, xunto a Froilán, Charo, Antón e Moncha; é unha experiencia de explorar a cidade, unha maneira de facelo seguro, unha maneira menos contaminante e máis respetuosa tamén o medio ambiente”, que ten como pretenseión darlle máis dinamismo a Lugo, asegurou a Alcaldesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo