" />

Os Bolechas volven ao FalaRedes cunha actividade de sensibilización lingüística e ambiental

Os personaxes máis famosos da literatura infantil galega, os seis irmáns Bolechas e o seu can, volven un ano máis ao programa de promoción do galego FalaRedes, cun espectáculo que promove a participación dos nenos e nenas na lingua propia de Galicia cunha nova e divertida aventura que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade axeitadas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo con eles acerca do monte, da súa fauna e da súa flora.

Os Bolechas e o amigo Monte visitarán, desde este sábado 16 de xuño ao domingo 29 de xullo as localidades de Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Corcubión, Cabana de Bergantiños, Teo, Lousame, A Coruña, Ramirás, Baiona, Vilaboa, Barreiros, Mondoñedo, Cangas, Chantada, Portas, Ferrol, Frades, Bande, Oímbra, Coristanco e Arzúa, todas elas adscritas á RDL. Para que a actividade de dinamización lingüística teña continuidade máis alá do día do espectáculo, os asistentes a el obterán unha palabra clave que lles permitirá acceder ao web www.lingua.gal/bolechas-amigo-monte, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas…) e poderán participar en sorteos de lotes de libros. Toda a información e calendario de funcións no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo