" />

Os bombeiros atenden 38 incidencias ao mes durante o primeiro semestre do ano

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, fixo hoxe balance das intervencións dos bombeiros de Lugo ao longo do primeiro semestre do ano. En concreto, atenderon un total de 227 incidencias entre xaneiro e xuño, é dicir, 38 ao mes. Do total de actuacións, 3 de cada 10 foron incendios en vivenda, alpendres ou vehículos, un total de 61. Ademais, nos seis primeiros meses do ano, os profesionais do complexo lucense actuaron en 21 rescates, así como outras invertencións de asistencia técnica de diversa casuística, como retirada de materiais da vía pública ou fugas de auga.

O servizo de bombeiros tamén rexistrou neste período un total de 51 falsas alarmas. En canto á distribución temporal, abril foi o mes no que se rexistrou o maior número de incidencias atendidas polos bombeiros, un total de 56, seguido de marzo, con 44 e xaneiro, con 41. Pola contra, o mes de menor actividade foi maio, con 25 intervencións, seguido de xuño, con 26, e febreiro, con 35.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo