" />

Os cartos recadados na carreira ‘O rei do adoquín’ de Ribadeo destinaranse ao refuxio canino da localidade

Xa está aquí unha nova edición da carreira lúdico deportiva O Rei do adoquín, que organizan Hola Ola e R Fusión coa colaboración de Acisa e do Concello de Ribadeo que terá lugar este venres, 14 de agosto, a partir das dez da noite. O evento foi presentado esta tarde polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e por un dos organizadores, o propietario de Hola Ola, David Martínez.

A saída efectuarase desde o Bar Marinero e a meta estará situada na Casa do Concello.”Haberá premios ao primeiro en chegar, ao primeiro en bicicleta, ao primeiro con disfraz, ao primeiro con cativo e ao primeiro con can, e haberá unha zona de avituallamento no restaurante Tmos”.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir das nove da noite na saída e deberán pagra un euro. A directiva de Acisa explica que “os cartos recadados serán doados ao refuxio canino de Ribadeo, que está a atravesar por unha situación complicada”.

Os organizadores sinalan que “a lonxitude da carreira é de 400 metros de agonía pola costa máis dura do pobo. A saída de cada unha das modalidades farase en intervalos de 10 segundos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo