Os certames de Deseño Gráfico e Fotografía da area da Muller, teñen gañadoras

Os certames de Deseño Gráfico e Fotografía promovidos dende a área de Muller xa teñen gañadores, a concelleira de dita área, Ana Gonzalez Abelleira aproveitou para agradecer ao fotografo Adrian Vazquez Rodriguez que se achegara no día de onte á Sala de Xuntas da Casa da Muller a formar parte do xurado no VIII certame de fotografia “revelando o machismo” e a María Esther Muñoz, directora da Escola de Arte Superior de Deseño Ramon Falcon, ca que se contou como integrante do xurado no concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero.

As premiadas dos concursos, promovidos dende a área de Muller para concienciar contra a violencia de xénero, obtiveron un premio de 600 euros. A gañadora do concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero foi para Ana Linares co traballo A tua media laranxa…pola igualdade e o respecto e no VIII certame de fotografia “revelando o machismo” o premio foi para Andrea Prado co traballo presentalo baixo o lema ‘Karte’.

Ambas obras seran empregadas como imaxe das futuras campañas que dende á area de Muller se leven a cabo, explicou a concelleira ao tempo que sinalou que “se valorou, específicamente que os deseños contribúan á prevención da violencia de xénero, especialmente nas persoas novas, destacando valores positivos como o bo trato na parella”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com