Os Codex acollerán o pase especial de ‘Zaniki’ coa presentación de Manuel Luna Sampedro

Se por algo destacan os Codex Cinema, ademáis de por ser unha clara alternativa ao cinema comercial na cidade de Lugo, é polos seus pases especiais con filmes diferentes e presentadores de luxo. Así, este xoves, 23 de maio, as salas acollerán a proxección de Zaniki unha cinta de Gabriel Velázquez en forma de documental que relata a permanencia das tradicións e os rituais de pasaxe a través da música. O filme conta coa particularidade de ter como protagonista a Eusebio Mayalde, recoñecido músico de folk case transformado en chamán e que crea a súa música a partires dunha relación case mística coa natureza.
A película é especialmente recomendada para estudantes de música tradicional e afeccionados ao folk, mais tamén para calquera cinéfilo, sexa cal sexa a súa idade, xa que ten unha achega moi natural a temas aparentemente complexos da etnografía e a musicoloxía.
Para presentar o filme, desta volta, Codex contará coa presenza do profesor universitario, musicólogo, divulgador e músico Manuel Luna Samperio, se cadra tamén coñecido polo público máis casual por ter presentado hai tempo o mítico programa Tarataña en Radio 3.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo