" />

Os grupos con representación na provincia valoran os Orzamentos do Estado botando en falta partidas de importancia para Lugo

Se hai un tema que está a levantar vexigas na provincia son os Presupostos Xerais do Estado (PXE) propostos polo Goberno de Pedro Sánchez e as súas partidas para a provincia de Lugo. Se ben os socialistas Álvaro Santos e Lara Méndez se amosaban esta mañá satisfeitos co proxecto de orzamentos, o resto de grupos ven un orzamento con luces e sombras aos que lle faltan partidas de gran importancia para a provincia.

Así, o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos valorou esta mañá a proposta de Orzamentos Xerais do Estado que presentaron os seus compañeiros no Goberno Central. Santos destacou que “son uns presupostos realistas, honestos e cun claro carácter social, que se centran nas persoas que máis o necesitan”.

Destacaban así a suba das pensións e que podería chegar a deixar entre o 35% da poboación total da provincia uns 17 millóns de euros máis ao ano o que viría a ser entre 90 e 180 euros máis por pensionista. Asemade destacaron a suba do salario mínimo interprofesional, o aumento dos fondos para dependencia  ou a devolución a unhas 16 mil familias das retencións do IRPF realizadas entre 2014 e 2017.

“Estes presupostos tamén denuncian as mentiras do Partido Popular durante os últimos 7 anos á fronte do Executivo Estatal, presentando unhas contas con partidas orzamentarias para a provincia que nunca se executaron, pois non deixaron listo ningún proxecto e mesmo nin fixeron os traballos de conservación da rede viaria estatal. Ata 20 millóns de euros do exercicio 2017-2018 para o mantemento das estradas estatais na provincia de Lugo deixaron sen executar”, afirmou.

“Seguiremos a impulsar os proxectos que vertebran a nosa provincia pois nestes presupostos inclúense dotacións orzamentarias para as autovías Lugo-Santiago, Lugo-Ourense ou a da Mariña; e para infraestruturas ferroviarias, incrementando considerablemente estes fondos con respecto ao pasado ata os 13 millóns”.

Doutra banda, Elena Candia, presidenta do PP de Lugo, resaltou o “castigo” que supoñen estes orzamentos para a provincia, sendo maiores os fondos achegados a investimentos pola Xunta ou mesmo pola Deputación. Segundo resaltaba Candia, nos orzamentos xerais do Estado, a cada lucense lle correspondería un total de 213 euros destes orzamentos, chegando a da Xunta aos preto de 4.000 euros.

Neste mesmo senso, falaba Olga Louzao, voceira de Cidadáns, quen aseguraba que “discriminación” de Galicia “para contentar a Cataluña” nos Orzamentos Xerais do Estado presentados por Pedro Sánchez tamén se nota na cidade de Lugo, onde, segundo Louzao, “faltan partidas necesarias para distintas actuacións, como son o soterramento da N-VI fronte ao estadio Anxo Carro, o desdobramento e iluminación da Ronda Norte, a autovía entre Lugo e Ourense, a construción da estación intermodal, a mellora da liña ferroviaria entre Lugo e A Coruña ou a nova comisaría de Policía no barrio da Residencia”.

Por iso, desde Cidadáns anunciaron que levarán ao Pleno deste mes no Concello de Lugo unha iniciativa para reclamarlle ao Goberno Central a inclusión nos Presupostos Xerais do Estado das partidas necesarias para estas actuacións. “Esperemos que a alcaldesa poña os intereses da cidade por enriba dos do PSOE apoiando esta iniciativa e reclame ao seu partido estas inversións tan necesarias na nosa cidade”.

Tamén de “agravios” para a provincia cualificaba a deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, as contas do estado. Para os nacionalistas queda “reflectido” que os problemas dos galegos deben ser o centro da axenda política en Galicia. Rodil sinalou que estes orzamentos do PSOE foron apoiados por deputados galegos “dos que pouco se pode esperar por que son sucursais da política do Estado e desleixo cos problemas da sociedade galega”.

No caso de Lugo, Olalla Rodil fixo referencia aos retrasos na construción da estrada Lugo – Santiago, que non conta con novas partidas para o ano 2019, e tamén á A-74 na Mariña que tampouco ter orzamentadas partidas que avanzar na súa construción neste exercicio. Asemade, a nacionalista sinalou a falta de compromiso co ferrocarril que “non vai contar cun orzamento para a súa modernización na provincia de Lugo, e seguiremos cun servizo ferroviario do século pasado”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo