Os populares instan á Deputación a iniciar o desbroce das estradas da súa titularidade

Os populares da provincia instan á Deputación á iniciar xa o desbroce das estradas da súa titularidade. Os alcaldes e voceiros do PP esixen deste xeito “medidas ao respecto, pois a falta de limpeza da maleza que medra ao carón dos viais pode conlevar o aumento do risco de incendios e a redución da visibilidade que pode ser o desencadeante dalgún accidente de tráfico”. A isto súmase, engaden, a imaxe “de abandono e descoido que se transmite nesta época aos visitantes en zonas de máis reclamo turístico, como poden ser A Mariña ou a Ribeira Sacra”.

Dende o PP consideran, por tanto, que a situación “é insostible, xa que moitas vías máis que estradas, parecen selvas.

Para os populares “non serven escusas, nin serve que exista un goberno en funcións, nin que houbese baixas nos procesos de contratación, por exemplo. É responsabilidade política e administrativa dos dirixentes actuais resolver os problemas que se ocasionasen e manter as vías da súa propiedade en boas condicións”, afirman. E é que “non é de recibo”, aseguran, que “iniciado o mes de xullo as estradas se atopen neste estado de abandono”.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Luis Rodriguez
    Xul 06, 2019 - 01:33 PM

    Siiii!!! Pois que lle digan tamen a Alcaldesa de Lugo que desbrocen en certos lugares da cidade de Lugo

    Reply
  2. Avatar
    Maria D G Diaz
    Xul 05, 2019 - 05:49 PM

    xa vai sendo horaaa

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo