" />

Os primeiros ‘Señores da Luz” de Lugo

Hai xeral concordancia de que a fotografía é un fito social de primeira magnitude, establecendo un antes e un despois no decorrer da historia que ata ese momento especial foi contada e desde entón puido ser testemuñada e vista, quedando os acontecementos rexistrados para sempre.

Lugo entrou na historia visual –comezou a ter historia visual- a mediados do século XIX, e desde entón temos probas de moito do que aquí aconteceu, abrindo mundos novos á nosa imaxinación e enriquecendo a nosa historia.

Eduardo Rodríguez Ochoa, destacado fotógrafo e investigador do mundo da imaxe, responsable de fotografía de Fonmiñá, pescuda nos primeiros tempos -e nos primeiros fotógrafos- dos albores da fotografía en Lugo, dos que todos somos beneficiados, especialmente todos os que temos querencia polas testemuñas probatorias da historia que, con iniciativas coma esta, están cada vez máis ao alcance de todos.

O Grupo Fonmiñá, publicando esta historia dos primeiros tempos da fotografía en Lugo con motivo da XLII Semana de cine da capital lucense, contribúe ao cumprimento dunha parte esencial dos seus fins achegando ao gran público a historia e a obra dos primeiros dos que demos en chamar Señores da Luz. Os nosos Señores da Luz.

Xulio Xiz é Presidente de Fonmiñá

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo