" />

Os produtores ecolóxicos confirman o bo momento e o mellor futuro para o sector

Bo momento e mellor futuro o que se presenta diante dos produtores ecolóxicos. Esta é a conclusión que se pode extraer das intervencións de seis dos relatores convidados ás Xornadas de Promoción e Comercialización de Promoción e Comercialización de Producións Cárnica e Silvícola, una nova acción formativa organizada polo Craega.

Tiveron lugar días 27 e 28 de decembro e foron emitidas en directo na canle de Youtube do colectivo e xa están dispoñibles para todas aquelas persoas que estean interesadas. Foron dúas xornadas abertas en liña que xa suman centos de visualizacións e onde varios produtores e expertos contaron as súas experiencias nos seus sectores para logo ir resolvendo dúbidas dos participantes no chat aberto na canle de Youtube do Craega.

Os seis invitados abarcaron todos os aspectos de interese: lexislación europea, consultoría agroalimentaria, distribución e experiencias de traballo en cooperativas e empresas. “España é o país líder en superficie ecolóxica da UE, písannos os talóns o franceses, pero non todo vai perfecto”.

As Xornadas arrancaron o día 27 coa presentación de Rocío Freire, vicepresidenta do Consello, quen deu paso a José Luis Cabarcos, director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), o cal destacou que os produtos ecolóxicos, ao contribuír a protexer o medio natural, son cada vez máis demandados polos consumidores a nivel internacional e apostou por que o mel, a castaña e a carne -acollidos a indicacións xeográficas protexidas en Galicia- avoguen por este tipo de produción máis respectuosa coa contorna para lograr ao mesmo tempo vantaxes na competitividade.

Un gran coñecedor das institucións europeas nas que traballa desde principios dos anos 90, Diego Canga, foi o primeiro dos relatores en intervir analizando o Plan de Acción para a Producción Ecolóxica e a “Estratexia da Granxa á Mesa (Farm to Fork en inglés), que quere ampliar a superficie ecolóxica de aquí a 2030. O conselleiro principal da Comisión Europea na Dirección Xeral de Agricultura e Medio Rural lembrou que os mercados máis importantes son o alemán e despois o francés. “Pero o punto débil de España é o consumo per cápita, está moi por baixo da media europea, é a gran lagoa: como facer que a xente consuma máis produtos ecolóxicos?”.

“Sei perfectamente que a agricultura no norte é completamente diferente, pero unha das cousas que máis me preocupa é que atopo moitos agricultores e gandeiros con producións moi sostibles pero que lles custa dar o paso á conversión en ecolóxico”, xa que consideran que a súa produción xa é sostible.

Jon Garai, coordinador da Asociación navarra Ekoalde, explicou na súa intervención posterior que na agrupación de produtores ecolóxicos os seus asociados obteñen un prezo xusto pola venda aos clientes, aos que chegan coa distribución e loxística que se fai desde Noáin. “Proxectos como o noso serven para estruturar o sector e xera novas oportunidades”, comentaba na xornada do 27 de decembro.

“Aprobouse un convenio de 100.000 euros co Goberno navarro para profesionalizar o noso sistema e poder exportalo, desde a humildade. Cremos que se pode avanzar, falamos dunha oportunidade para dar un salto de
escala”. Ekoalde foi creadada polos produtores como asociación sen ánimo de lucro, elemento importante no desenvolvemento. Non é unha cooperativa senón que permitiu un traballo directo co goberno de Navarra para participar das axudas no campo. “Somos 69 operadores e moi diversos, pero hoxe participamos en proxectos que no Estado créanse como o noso desde a súa realidade diferencial. Cremos que Ekoalde é fito porque conseguimos promocionar e facer unha distribución conxunta cun proxecto loxístico adecuado para iso. E vendendo a prezos xustos, non negociamos os prezos senón que representamos os intereses da parte produtora”.

A última intervención do día 27 foi a da xerente de Traloagro, Isabel Gómez Rodríguez. Unha empresaria recentemente premiada cos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais que outorga o Ministerio de Agricultura e que narrou a súa experiencia nesta empresa empresa familiar que xestiona co seu irmán e a súa cuñada. Produce carne de vacún e pito en ecolóxico e venden desde a sala de despezamento e tenda-supermercado de Friol, ademais da Praza de Abastos en Lugo. “Somos fillos de emigrantes retornados de Bélxica e o meu irmán e eu queriamos emprender no rural pero non tiñamos claro a que dedicarnos ao comezo”. Tras estudalo e dada a experiencia hostaleira que traían decidiron con ilusión levar adiante un proxecto de gandería bovina e avícola cun plan de mellora e coa conversión de terreos na casa, mantendo a biodiversidade.

A segunda xornada, a do 28 de decembro, foi inagurada por Jean Luc Bellat, que falou do funcionamento do mercado da castaña francés, escaso en canto a produción pero cunha venda dinámica e de gran volume. É a zona sur do país a principal. “Non somos moi produtores, temos a quinta praza de Europa detrás de Portugal, Italia, España e Grecia”. Francia produce unhas 8.000 toneladas anuais, aínda que como explica o Consultor en JLB Consulting e xerente en Decorin Sárl, “é un pouco irregular porque tivemos problemas coa avispilla do castiñeiro, problema que ten case toda Europa”.

O experto cre que “a tendencia nestes últimos anos tende cara a un equilibrio porque nalgúns sitios instaláronse sistemas de rega e cultívase con maquinaria que permite axilizar a tarefa”. De toda a produción francesa o 62% é ecolóxica, decenas de miles de hectáreas están en conversión xa porque é un tipo cultivo que foi desenvolto nas rexións de nova produción polo interese que espertou. “É natural, parécenos a todos como de sempre, non hai tratamentos, é un traballo de campo de regar, arar e podar as árbores. É moi sostible”.

“Estamos no alto da montaña lucense desde 1999. Unha pequena empresa que nace polo agarimo polas cousas ben feitas”. Así comezou a súa intervención Rubén Fernández, conselleiro delegado da empresa familiar fonsagradina Casa Castelao. Fundada en 1999 e especializada na produción de porco celta e ecolóxico, carnes e derivados foron crecendo aos poucos “ampliando instalacións pero sen esquecer apostar pola calidade, a diferenciación”. Introduciron cada vez máis porco celta “unha produción de calidade que non se fai con carácter industrial senón a base pequenas explotacións. Pero custábanos conseguir un porco de 100 quilos porque ten moita menos graxa, e falamos cos produtores para chegar a un consenso. En 2017 demos cunha raza un 50 % duroc e dar coa tecla,
porque ofrece un pouco mais de touciño e infiltración que fai que a carne sexa
máis melosa ao padal e axuda a depurar o produto en xamón e embutidos”.

Isto axudoulles a meterse no mercado e en 2018 fixeron probas a un nivel mais amplo. “Criamos que co porco ecolóxico tiñamos que apostar pola canle completa, e non centrarnos só en facer o produto senón chourizos, lacóns, xamóns, touciño entrefebrado… para chegar a un mercado maioritario”.

O pintor Peteiro e a relación co fundador de Meles Anta, David Corral, marcou os acenos de identidade desta firma apícola. Maite Bruzos Simón, é a responsable de Calidade en Pazo de Lusio, a marca que acolle o mel ecolóxico desta empresa familiar con orixe en Samos. Ela explicou como última relatora convidada nestas dúas xornadas como foron mudando colmeas a loecológico, a reconversión. Traballan con apis melifera, unha abella ibérica moi dura e que dá boa produción. “Temos 4700 ecolóxicas fixas e tamén trashumantes. Os panales están no Courel e Ancares cunha vexetación impresionante en zonas de difícil acceso, con transportes acomodados para poder entrar”, explica. Modernizaron o envasado e venden tanto a nivel nacional como fóra con dúas marcas como ecolóxico: Pazo de Lusío e Toca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo