" />

Os socialistas de Becerreá denuncian que o Goberno local entregou material anti-covid no colexio co logo de Galicia Sempre

A Voceira Socialista de Becerreá, Ana Isabel Rubinos Bolaño cualificou hoxe como “un autentico escándalo e unha actitude inaceptable por parte do Alcalde de Becerreá e de todo o seu Goberno o reparto de material para a prevención do COVID-19 no CEIP San Xoán de Becerreá coa simboloxía do partido político Galicia Sempre”.

A voceira afirma que este reparto caciquil de material contra o COVID-19 para as alumnas e alumnos do colexio amosa a faciana máis sectaria do Goberno de Manuel Martínez. “Sabiamos que tiña ansias de poder, pero non coñeciamos esta faceta de adoutrinamento aos máis novos da vila”, advertiu.

Rubinos avanza que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia rexistrará iniciativas para que a Conselleira de Educación e o Goberno Autonómico clarifique esta anómala situación. “Si o Concello de Becerreá ten que aportar material aos alumnos que o faga, estamos de acordo, pero o que non podemos consentir nin compartir e que se reparta esa material coa simboloxía dun partido político, porque os impostos pagámolos todos”, sentenciou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo