Os socialistas do Valadouro demandan á Xunta o arranxo urxente da LU-163

Os socialistas do Valadouro enviaron un escrito á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade na que demandan o arranxo urxente da estrada LU-163. Este vial transcorre polo casco urbano en dirección a Cangas de Foz.

No escrito enviado á Xunta sinalan que “a estrada atopase moi deteriorada, principalmente no inicio, é dicir ao seu paso polo casco urbano, dando unha imaxe impropia da vila”.

Así as cousas os socialistas do Valadouro “lamentan a escasa implicación do Goberno de Feijóo na Mariña, concretamente no Valadouro onde os investimentos do PP brillan pola súa ausencia. Aquí só veñen a pasear e a sacar fotos, e por suposto, a torpedear todos os proxectos de futuro deste Concello como por exemplo a creación do parque empresarial”.

“Queremos vivir e traballar no rural, por iso demandamos boas vias de comunicación. Os veciños e veciñas do Valadouro teñen dereito a investimentos e a proxectos que contribúan a facer medrar o noso Concello”, resumiu Maseda.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Ago 16, 2019 - 10:28 PM

    Vergoña

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo