" />

Os socialistas reúnense co Comité de Alcoa en San Cibrao

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este luns unha nova xuntanza co comité de empresa de Alcoa en San Cibrao para trasladarlle “o compromiso claro de todos os socialistas co mantemento da actividade industrial e o emprego”.

No encontro co comité, participaron tamén os alcaldesas e alcaldes de Viveiro, Trabada, Burela, Foz, Pontenova, Ourol e Alfoz, ademais do voceiro socialista en Cervo; a secretaria provincial do PSOE en Lugo, Patricia Otero; a deputada no Congreso Ana Prieto e o senador César Mogo.

O máximo dirixente do PSdeG chamou a manter a atención ante a baixada na produción, toda vez que o mantemento do emprego é “unha cuestión prioritaria”. De feito, a ministra de Industria ten previsto visitar a planta antes de que remate este mes.

O secretario xeral do PSdeG puxo en valor o traballo desenvolvido polo goberno para impulsar o estatuto das empresas electrointensivas e a decisión de duplicar as axudas ás emisións ata os 180 millóns de euros.

“Son dous mecanismos fundamentais”, destacou o secretario xeral, quen indicou que o estatuto non chegou a aprobarse debido á convocatoria de eleccións.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo