" />

Os técnicos municipais visitan mañá o novo Auditorio como paso previo á súa recepción

Persoal técnico do Concello de Lugo visitará as instalacións do novo Auditorio mañá, mércores 19, ás 10.00 horas, segundo respondeu hoxe a Consellería de Medio Ambiente á petición presentada a semana pasada desde o Goberno de Lara Méndez para avanzar na última fase da recepción desta infraestrutura.

O obxectivo, segundo se lle comunicou desde o Administración local á Xunta de Galicia, é comprobar o estado no que se atopa a infraestrutura e avaliar que a totalidade das instalacións se adecúan aos proxectos aprobados. “O fin é garantir que a recepción do edificio se realiza nas condicións adecuadas, evitando que queden aspectos inconclusos ou opacos que supoñan un prexuízo, a longo prazo, para o conxunto da veciñanza”, segundo sostén o concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto.

Xunta de Galicia e Concello de Lugo dan así un novo paso na folla de ruta que estableceron na Comisión de Seguimento do Novo Auditorio, celebrada o pasado mes de novembro, xuntanza celebrada a petición do Concello de Lugo nunha carta remitida pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, á conselleira Ángeles Vázquez, co fin acelerar á recepción das instalacións. A rexedora xa lle trasladou en xullo a responsable autonómica a vontade do Concello de colaborar na rápida apertura do Auditorio, despois de 15 anos esperando por esta infraestrutura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo