" />

Os traballadores de Alcoa levantan barricadas e cortan estradas en Xove

Os traballadores da planta de Alcoa volveron a cortar estradas e levantaron barricadas esta maña durante 45 minutos na N-634 á altura do acceso ao corredor que une  Xove e Viveiro.

Unha semana despois de coñecerse a decisión da multinacional de levar a cabo un despido colectivo de máis de 500 traballadores e a hibernación das cubas, os traballadores de Alcoa continúan a loitar para presionar á empresa a que venda.

Asemade os traballadores de Alcoa anunciaron unha gran manifestación en Lugo a vindeira semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo