Os tractores continúan estacionados na Rolda da Muralla

O pasado xoves, un grupo moi numeroso de gandeiros do sector lácteo desmarcouse dos sindicatos que organizaron a tractorada que paralizou o centro da cidade durante todo ese día, e que reclamaban prezos máis xustos para os gandeiros de leite, que nin sequera cubren os custes de producción.

A día de hoxe, estes gandeiros seguen agardando acadar un acordo que implique dende a Xunta de Galicia e a súa Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, até o goberno central coa Ministra García Tejerina ao fronte das negociacións coa Unión Europea.

Aínda que moitos tractores continúan cortando o tráfico na Ronda da Muralla, hoxe o escenario sitúase en Santiago de Compostela, co fin dunha tractorada que percorreu as inmediacións de Santiago e que rematou diante do edificio de San Caetano, sede da Xunta de Galicia.

Segundo datos facilitados pola Policía Nacional, na mobilización participaron uns 800 tractores e unhas 1.000 persoas. Ás 19:10 horas, o tráfico seguía cortado nese punto da Avenida de Lugo, tanto de subida coma de baixada, así como a circulación cara ao periférico. Sobre as 19:30 horas, os convocantes tiñan prevista a celebración dunha reunión para decidir que facer, polo que se prevé que decidan levantar o bloqueo máis tarde.

Xornal de Lugo puxose en contacto  con representantes do Sindicato Labrego Galego, que aseguraron dende Compostela que as protestas continuarán mentres non se lles ofreza un acordo “sólido e xusto”, entre as administracións, a industria e as distribuidoras. Asemade valorou moi positivamente a manifestación na capital galega.

Pola súa banda, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, afirmou hoxe á entrada do Consello extraordinario de Ministros de Agricultura en Bruxelas, que “os Estados membros esperamos unha reacción da Comisión, ante unha situación moi complicada para o sector lácteo no conxunto da Unión Europea”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com