" />

Os tractores seguen na rolda da Muralla e algúns que abandonaron o lugar fixérono por riba das beirarúas

Vinte e catro horas despois de comezar a manifestación convocada pola Plataforma para a Defensa do Sector Lácteo Galego os  tractores, aínda que con algúns claros nas rúas,   seguen a ocupar a rolda, son os dos gandeiros que decidiron manter os vehículos agrarios, de momento, un día máis. A decisión de manter os tractores  nas rúas colleu a máis dun usuario de garaxes da rolda en fora de xogo e a primeira hora da mañá algún protestaban diante dos gandeiros, por non poder sacar o coche do garaxe para ir ao traballo, mesmo  se produciu algún rifi rafe dialéctico entre usuarios de garaxes e gandeiros , que non pasou de aí.

Algún tractores que abandonaron a zona ao non poder circular pola estrada, fixérono subindo as rodas as beirarúas, o que puido ocasionar desperfectos nas mesmas, polo  grande peso dos vehículos agrícolas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo