Os veciños de Navia denuncian dificultades no uso da auga polo mal funcionamento da traída

O problema da traída de auga de Navia de Suarna volve facerse visible coas treboadas dos últimos días. Esta situación está a provocar que os veciños leven horas sen ducharse e que os hostaleiros tamén teñan problemas polas deficiencias do servizo.

Trátase dunha situación que non é nova, pois o PP, lembra que xa o expuxo en diversas ocasións e ata llo advertiu ao goberno local en varios plenos, pero o Concello nada fixo para evitar o estado que presenta o subministro nestes momentos. E iso, lembran os populares que o Concello investiu 100.000 euros na construción dun novo sistema de captación que, “como xa indicamos no seu momento, non serviron para atallar as deficiencias no subministro; cuestión que está a causar numerosas queixas entre os veciños e que nos deixa peor do que estabamos”, afirman.

Esta situación é a que leva aos populares naviegos a pedir, unha vez máis, ao alcalde que busque unha solución, xa que “o que fixo non serviu absolutamente para nada, a pesares de ser unha cantidade o suficientemente importante como para atallar o problema”.

A turbidez tampouco se eliminou e os cortes no subministro tamén seguen sendo recorrentes. Isto provoca “serios problemas” aos veciños e tamén aos hostaleiros da localidade que non teñen forma de cociñar nin de lavar os alimentos. Por este motivo, dende o Grupo Municipal Popular esixen ao goberno local “que se deixe de escusas, admita que os 100.000 euros foron cartos tirados e que amañe o problema dunha vez por todas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com