Outeiro de Rei, exemplo na xestión dos biorresiduos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que o Concello de Outeiro de Rei é un exemplo e referente para os restantes municipios da provincia á hora de xestionar os biorresiduos. Así o trasladou esta mañá durante a súa visita a este municipio lucense para coñecer o programa para a instalación de 175 unidades do quinto contedor, coa finalidade de facer desta fracción de lixo unha fonte de enerxía ou en compost de calidade.

A conselleira destacou que a colocación e distribución do que se comezará a coñecerse como “contenedor marrón” en Outeiro de Rei comezará entre os grandes produtores, como supermercados, restaurantes, residencias de maiores…; mentres que a instalación nas áreas urbanas comezará na urbanización Santa Isabel, onde os veciños participarán nun proxecto piloto para avaliar a recollida dos biorresiduos.

Vázquez Mejuto salientou que, con esta decisión, Outeiro de Rei marca un fito ambiental ao ser dos primeiros concellos galegos en implantar este contedor, na liña dos obxectivos que marca Europa par conseguir unha xestión integral dos biorresiduos. Engadiu que hai outras razóns que fan de Outeiro de Rei un exemplo, pois conta con punto limpo, acolleuse á bonificación do canon de Sogama e disporá de novos e máis contedores amarelos (envases lixeiros) e azuis (papel e cartón) co fin de facilitar e animar aos veciños a poñer en práctica unha correcta separación dos residuos urbanos.

Recordou que este ano será decisivo para avanzar na separación e tratamento de forma correcta o 42% da materia orgánica presente na bolsa negra xerada en cada fogar galego. Nese sentido, asegurou que en 2020 increméntase o esforzo para mellorar a xestión dos residuos urbanos, cun orzamento de máis de 8 millóns de euros, fronte aos 5,6 do pasado ano; e que permitirán iniciar a posta en marcha de tres plantas de tratamento de biorresiduos domésticos, habilitar axudas para o desenvolvemento de plantas deste tipo, para complementar ás da Xunta; así como subvencións para que os concellos promovan diferentes accións para mellorar a xestión dos residuos urbanos.

Por último, salientou que Galicia é hoxe unha comunidade máis preparada para asumir os retos que marca Europa en materia de residuos e na loita contra o cambio climático, xa que definiu tres ferramentas coas que se pecha o círculo ambiental e que a sitúan como a única comunidade española en contar cunha Estratexia de Cambio Climático e Enerxía, cunha Estratexia de Economía Circular, ás que se unen unha Lei de residuos, que se atopa en trámite parlamentario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com