Pais e nais de usuarios de Atención Temperá no HULA esixen a incorporación de persoal no servizo

Nais e pais dos usuarios do servizo de Atención Temperá do HULA esixen a inmediata incorporación de persoal neste servizo dirixido a nenos de entre 0 e 6 anos de idade. Unhas 20 familias denunciaron esta mañá mediante un comunicado aos medios que o centro hospitalario está a dar altas precipitadas a pacientes nalgunhas das súas terapias ao acadar certos obxectivos que, segundo as familias, non son suficientes debido á falta de autonomía dos nenos participantes nas terapias.

Os pais alegan que a solución ao problema de saturación do servizo non pode ser a criba de nenos, alargar datas entre terapias ou impoñer certas normas en canto a puntualidade e asistencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo