Pantón será a capital do golf feminino

O Deputado de Deportes en funcións, os Alcaldes de Pantón, e  Monforte de Lemos,  e o Presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra, inauguraron este martes o Torneo de Golf Internacional Feminino Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, que terá lugar no Campo de Golf do Oca Augas Santas de Pantón, do 10 ao 13 de xullo.

Rivera Capón explicou que “este evento da a coñecer a nosa provincia como destino turístico e deportivo, tamén para a práctica do golf, para o que contamos cunhas instalacións de primeiro nivel. É ademais outra gran ocasión para mostrar o noso apoio á candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade e amosar a nosa aposta decidida polo deporte feminino. Animo a todos os veciños e afeccionados a asistir a este evento, xa que, ademais, a entrada é de balde”.

O acto inaugural tivo un carácter solidario e contou coa actuación do grupo Dani Barreiro & friends que interpretaron versións da década dos 80. A recadación do acto está destinada á Asociación Ruliños Terra de Lemos, que ten por obxectivo prestar asesoramento e apoio a nenos e adolescentes con necesidades especiais así como as súas familias.

No torneo participarán 80 xogadoras dunhas 17 nacionalidades, que poderán mellorar a súa posición no ranking oficial e ascender a categoría Raíña do Golf feminino.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo