Pardo Bazán regresa ao entroido de Lugo para rir, disfrutar e olvidar os complexos

Emilia Pardo Bazán regresou ao entroido de Lugo esta tarde cunha misión: pregarlle aos veciños e veciñas que neste entroido sexan bos, pero incorrectos, digan o que sinten pero non danen, rían a esgalla, sobre todo de un mesmo, brinquen, coman e beban sin decoro. Así rematou o pregón a xornalista, Lourdes Abuide, ataviada na personaxe desta nobre e aristócrata novelista, encargada de dar o pistoletazo de saída a estes festexos.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañadas doutros membros da Corporación Municipal, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e outras autoridades, recibiron á pregoeira, que trouxo consigo ás máis célebres obras de arte da historia, e que ao longo da súa intervención, con guiños aos pecados capitais e á actualidade municipal, desprendeu sorrisos nun repleto Salón de Plenos. Tras o pregón, as persoas asistentes puideron gozar dunha degustación de orellas de entroido ao son da música das charangas VKpinta e Garrafón.com que percorreron o recinto histórico.

Tamén tivo lugar a representación teatral Ti déixasteme querer?, no fondo da Praza Maior, a cargo da Escola Palimoco Teatro Danza, Grupo de Teatro Down Lugo e Palimoquiños, unha función adicada a Manuel Antonio Martínez -Manu- , deseñador lugués falecido recentemente tras unha longa loita contra unha enfermidade.

Lourdes Abuide Valcarce, xornalista de vocación e con devoción polo teatro, gosta de vestir distintas peles: Clotilde Briones, Señora Page, Lupe Xardins, Dona Emilia Pardo Bazán, ou a sofisticada Julianne. Leva 15 anos nunha emisora lucense, e 10 no grupo de teatro Achádego. Fai 25 anos empezou a aventura xornalística e teatreira en
Salamanca.
Na facultad

O Entroido de Lugo achegará teatro e música a distintos barrios de Lugo ata o vindeiro mércores. Hoxe sábado, o programa arrincou ás 10:00 horas, no soto da Praza de Abastos, coa Feira de Produtos Típicos. En xornada de mañá tamén actuou o grupo de música tradicional Raíces do Campo polas rúas do recinto histórico e Os Virtuosos do Tinto.

Ás 17:00 horas comezará o gran concurso de disfraces infantil, que repartirá vales por lotes de libros valorados en 1.000 euros. Posteriormente, no patio do Vello Cárcere, actuará a Banda Filharmónica e as distintas zonas da cidade vibrarán coa charanga Ars Novas, Viño Branco, Os Caliqueños e Troula Animación e co grupo de teatro Nova Escena e Achádego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.