O paro descende na provincia ata quedar por baixo dos 18.000 desempregados

O paro descende na provincia de Lugo en 408 persoas durante o mes de decembro situándose nos 17.913 parados, o que supón 2.386 desempregados menos que no mesmo mes do 2016.

Como sempre, repasamos o paro rexistrado por sectores económicos e hai que dicir que segue aumentando en Agricultura e na Construcción, sector este último no que levaba tempo descendendo o número de desempregados e que neste mes rexistrou a súa maior subida en meses con case 78 persoas novas nas listas do INEM.

No resto de sectores reduciuse considerablemente o número de parados, baixando un 1.78 % na Industria, un 3.11% en Servizos e un 4.59 % no colectivo Sen Emprego Anterior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com