Patinetes eléctricos

Ante a proliferación de monopatíns ou patinetes eléctricos que cada vez gaña máis adeptos nas rúas da cidade, a Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo solicita da Concellería de Mobilidade do Concello de Lugo a elaboración urxente dunha Ordenanza Municipal Reguladora do seu uso e condicións de mobilidade, en tanto non é publicada a Normativa que prepara a DXT, xa que en Lugo xurdiron os primeiros accidentes de certa gravidade.

Neste sentido, entendemos desde a Federación de Asociacións de Veciños, certas medidas que debe conter esta Ordenanza: Velocidade máxima admisible 25 km/ h. (Control de potencia e trucaxes de motorizacións). Idade mínima para a súa manexo 15 anos. Uso exclusivo para unha persoa. Obriga de uso de casco. Prohibición de uso de teléfonos ou auriculares. Obrigación de iluminación en horarios nocturnos. Equipe sistema de freos. Obrigación como mínimo de contratación dun seguro de responsabilidade civil. Prohibición de circulación por beirarrúas (só carril bici) ou marxe dereita da rúa. Respectando todas as normas de circulación vixentes en España. Limitar o seu uso en zonas peonís, a súa velocidade ao mínimo e respectando a distancia aos peóns e outorgando sempre ao peón as preferencias. Controis sistemáticos de alcol e drogas. Nos casos de feitos punibles sancionables, entendemos recomendable a retención do patinete ata a súa adaptación á normativa ou pago da sanción, dado que en moitos casos o operador non chega á maioría de idade. Debemos manifestar que a nosa posición non é contraria ao uso de patinete, pero ss á súa regulación.

Comisión Executiva Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com