" />

Patricia Otero: “os socialistas apoiamos a creación dunha unidade de ictus no Hula

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e cabeza de lista ás eleccións autonómicas, Patricia Otero mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo con representantes da Federación de Veciños, aos que trasladou o apoio do PSdeG para a creación dunha unidade de ICTUS no HULA.

Otero lembrou ademais, que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica reclamando estes servizos médicos “pero tralo anuncio da convocatoria electoral non se puideron debater”. Concretamente demandou dotar ao HULA dun servizo de garda de neurocirurxia 24 horas, e que se adopten as medidas necesarias para poñer en marcha estas novas dotacións do Código Ictus en todo o territorio galego.

A dirixente socialista dixo que o proxecto de goberno do PSdeG basease en “fortalecer o benestar e a nosa sanidade pública, universal, gratuíta, de calidade e de proximidade”. E insistiu “por iso o 12X temos que votar para reivindicar un sanidade, que ademais de ser un dereito para os cidadáns é a garantía para protexernos todos fronte aos riscos dunha pandemia como a covid. E queremos presidir Galicia para fortalecer o sistema sanitario público en sintonía cun goberno progresista en España”.

Otero explicou que “o programa do PSdeG inclúe a convocatoria de 5.000 prazas estables para profesionais sanitarios, ademais da aposta por unha carteira de servizos mínimos para os hospitais comarcais, así como o fortalecemento da Atención Primaria, que foi onde máis recortou a dereita, incrementando os contratos estables e o investimento público” resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo