" />

O Pazo de Tor acollera un curso de Enoturismo da Apehl

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL)  organiza un curso de especialización en enoturismo, que dará comezo o vindeiro luns e terá lugar os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos.

O director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, será o encargado de impartir as clases, unhas 100 horas lectivas e de proxecto que se centrarán en cinco temáticas: cultura do viño, marketing e comunicación, habilidades comunicativas, xestión e enoturismo e patrimonio. O horario será de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h e os días 11 e 12 de decembro porase fin ao curso cunha viaxe a outra rexión de España.

Grazas ao patrocinio da Deputación de Lugo, a asistencia será gratuíta. Aínda que terán prioridade os socios da Asociación, o curso é aberto a calquera interesado nesta temática. Os interesados en participar poden enviar un correo electrónico á dirección formacion@apehl.org.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo