" />

Pecha ao tráfico a rúa Rei Chiquito debido aos traballos de asfaltado

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas informou de que a partir de mañá se pechará a circulación da Rúa Rei Chiquito debido ao inicio dos traballos de asfaltado no tramo comprendido entre a rúa Atalaia e a intersección coa vía de servizo da N-VI. “Realizamos esta intervención debido ao mal estado de conservación desta vía”.

“Debido á estreitez da rúa vémonos obrigados a pechar a circulación do tráfico, polo que pedimos á veciñanza que utilice vías alternativas”, informou Alexandre Penas, que informou que se realizará unha limpeza do vial para renovar o asfalto con mestura en quente, ademais do pintado da sinalización horizontal e a renovación da vertical.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo