Perde a vida en Lugo tras precipitarse dende a fiestra dun edificio

Unha persoa perdeu a vida, esta mañá, despois de precipitarse desde a fiestra dun edificio, na cidade de Lugo.

O 112 Galicia foi coñecedor do suceso, pouco antes das 10:00 horas, mediante a chamada dun particular que informaba da caída dunha persoa desde a ventá dun inmoble da Avenida Ramón Ferreiro.

De inmediato, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deron aviso aos servizos sanitarios e aos axentes da Policía Nacional e Local da localidade.

Finalmente, xa desde o lugar dos feitos, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 confirmáronlle ao 112 que nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com