Petición de moratoria de implantación do 5G a oito concellos de Lugo

Ao concello de Lugo xunto cos de: Burela, Chantada, Foz, Guitiriz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, dirixiuse a Coordinadora galega pola Moratoria do 5G, para solicitarlles “Unha moratoria na implatación da tecnoloxía 5G, por parte deste concellos. Lembran, dende a coordinadora, que “as chamadas de institución e expertos que apelan a unha avaliación en ámbitos como os da saúde, ambiental, climático e enerxético.

Se no estado español, o seu Valedor do Pobo xa cuestionou que o Plan do 5G e os seus proxectos pilotos non atendera ao principio de precaución nin a avaliación ambiental, “en países como Francia, diferentes institucións consultivas deron a alerta: a súa Convención Cidadá polo Clima xa reclamou a moratoria do seu despregamento á espera dos resultados da avaliación do 5G no ámbito da saúde e do clima”, ao tempo que o seu Alto Consello para o Clima alertou en decembro do 2020 do forte e insostíbel impacto enerxético e climático de dita tecnoloxía que non contou cunha avaliación nin debate previo”.

Na súa petición aos concellos, a coordinadora expón “os datos e informes que apuntan que este proceso de dixitalización do 5G e da Internet das cousas aumenta de forma exponencial a exposición ás radiofrecuencias, ás emisións de CO2 e o consumo enerxético, o extractivismo mineiro, a obsolescencia tecnolóxica e o hiperconsumismo, a insostíbel e contaminante agro-gandaría intensiva na súa versión 4.0, a vixilancia e control social, a dependencia tecnolóxica e as condutas aditivas, o lixo electrónico terrestre e espacial, así como compromete á predición meteorolóxica e climática e o estudo astronómico”.

Lembran que lonxe de ser inmaterial, as emisión de gases de efecto invernadoiro do sector dixital convencional en 2019 xa dobraron as que tiña o transporte aéreo civil, e teñen unha previsión de alcanzar o 8% en 2025 e o 14% en 2040, ao tempo que diferentes expertos consideran que coa tecnoloxía 5G e o seu Internet das Cousas (previsión de 1 millón de dispositivos conectados po km2) aumentarían “drasticamente as emisións globais de gases invernadoiro máis alá das proxeccións” dos estudos hoxe coñecidos, sustentados só nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación convencionais”.

Nesta liña, empresas tecnolóxicas como Vertiv, amosannos que a rede 5G podería aumentar o consumo enerxético total da rede entre un 150% e un 170% en 2026. Técnicos, como os do Grupo de Enerxía, Economía e Dinámica de Sistemas da Universidade de Valladolid, móstrannos que manter ou aumentar os actuais consumos enerxéticos como os actuais non se poderían paliar cun uso de enerxía 100% renováble sen traspasar “os límites biofísicos do planeta”.

Expoñen que, co argumento de reducir a fenda dixital, se aumentaría unha social en detrimento de estender outras tecnoloxías biocompatíbles (igual ou máis rápidas e máis seguras, como o cable de fibra óptica), e de outros modelos de consumo, educación e convivencia, como as baseadas en redes comunitarias.

En canto ao anteproxecto de Lei Xeral de Telecomunicación, solicitan aos concellos que se sitúen en contra, “xa que deixa sen competencias neste ámbito ás administracións autonómicas e locais, non avalía os seus impactos (de saúde pública, enerxético, de pegada de carbono e climática), non atende ao principio de transparencia, nin aos posíbles conflitos de interese. Incumpre os dereitos de acceso á información, participación pública e acceso á xustiza ambiental”.

Dende a Coordinadora Galega, requírese aos concellos abrir un debate plural previo ao “despregamento do 5g. Consideran dito debate secuestrado e actualmente condicionado para acceder aos plans de estímulo europeos do “Next Generation EU. Critican que ditos fondos estean comprometidos a un proceso acrítico deste despregamento tecnolóxico, auspiciado e maquillado polo Foro Económico Mundial como “inocuo”, “verde” e “inmaterial”, benfeitor do planeta e da humanidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com