A Petit Banda apoia á Sanidade Pública da Mariña, en Viveiro

A plataforma Somos Unha Área Viveiro,  coa colaboración do Concello da localidade e do Conservatorio Profesional de Música, presentan o concerto en defensa da Sanidade Pública. Unha iniciativa, na que será protagonista a Petit
Banda, para sensibilizar e defender o dereito a unha atención sanitaria de calidade e proximidade como o que é, unha conquista da clase traballadora e do pobo, e non un privilexio para quen o poida pagar.

Dende Somos Unha Área Viveiro aseguran que a Sanidade da Mariña atópase nun momento crucial coa proposta dun cambio de modelo do mapa sanitario encamiñado cara á centralización das prestacións sanitarias en Lugo e cara á privatización.

O concerto en defensa da área da Mariña, terá lugar este xoves 5 de novembro ás 20,00 h na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro e ademais de música, no concerto leranse as diversas reivindicacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

Tardanzas e derivacións na Mariña

Por outra banda, dende a Plataforma Sanitaria da Mariña están a recibir queixas de veciños da comarca que están a sufrir retrasos importantes nas citacións para diversas consultas de atención especializada. Desde esta Plataforma manifestan a súa total disposición para prestar a súa axuda a todas aquelas e aqueles doentes ou familiares que precisen facer unha reclamación ou poñer unha queixa no servizo de atención ao doente, tanto no referente ás listas de agarda coma nos casos de derivacións ou en calquera cuestión que precisen aclarar. Do mesmo xeito, a Plataforma Sanitaria ofrécese a actuar como canle para facer públicas as súas queixas se así o desexaran.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com