" />

Plan de sinalización para cortes de tráfico no Arde Lucus 2017

Con motivo dos actos do Arde Lucus 2017, o Gabinete de Tráfico da Policía Local deseñou un plan de sinalizaciónespecífico para efectuar cortes ao tráfico rodado, con ocasión dos eventos mais importantes que terán lugar en diferentes puntos da cidade, durante a fin de semana do 30 de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive. Esta provisión de sinalización establecerase como segue:

 

Rúa Aguirre confluencia Rolda da Muralla (peonil):

1º.- 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida). (Poderase utilizar tanto para o control de accesos como para prohibir a circulación cara a Praza Maior).

 

Control de accesos Porta de Santiago:

2º.- 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

 

Porta do Carme:

3º.- 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

 

Circo Romano: Restrición de entrada á explanada do Pavillón Municipal, desde o día 21 de xuño ata o día 4 de xullo.

4º.- 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida) e R-403c (únicas direccións permitidas á dereita ou á esquerda), na confluencia da rampla de acceso ao Pavillón Municipal e rúa Santiago. (Deixarase o valo e taparase a sinalización de estacionamento de autocaravanas o luns 19 de xuño). Establécese como lugar de estacionamento alternativo o viario do polígono Sur K, fronte ao CETAL). Quedará cartelería coa localización.

 

Estrada Vella de Santiago-Ponche Romana-Calzada Romana: Venres 30 ás 20:00 horas, terá lugar a Entrada das lexións romanas ao mando do Xeneral Caio Antistio. Formaranse dúas comitivas, unha de romanos na Estrada Vella de Santiago, xunto á Panadería Migas e outra de castrexos en Calzada da Ponte fronte ao Mesón da Calzada, dirixiranse cara a Ponte Romana, onde se enfrontarán ambas as lexións. A continuación a comitiva trasládase ata o Hotel Balneario (Termas Romanas), para iso será necesario impedir o estacionamento na explanada do Paseo da Ponte, xunto á entrada da Ponte Romana e no acceso desde o lavadoiro ata o Balneario. É preciso cortar o tráfico nos puntos seguintes:

 

5º.- Estrada Vella de Santiago con acceso á Ponte Branco-Polusa: 2 valos, unha con sinal R-101 (entrada prohibida).

6º.- Rúa Fernín Rivera con rúa Vella da Ponte: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida) e R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

7º.- Estrada Vella de Santiago con acceso a Variante N-VI: 2 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con R-400a (sentido obrigatorio á dereita) para impedir a circulación sentido Ponte Romana.

8º.- Entrada explanadam do Paseo da Ponte: 2 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con R-307 (parada e estacionamento prohibido) e letreiro: Prohibido o estacionamento a partir das 14:00 horas do día 30-06-17 (actos Arde Lucus).

9º.- Acceso ao Balneario dende o lavadoiro: 2 valos con letreiro de Prohibido o estacionamento a partir das 14:00 horas do día 30-06-17 (actos Arde Lucus) e 4 trípodes R-307 (parada e estacionamento prohibido) de reforzo para prohibir ambos os lados. (Os valos dos puntos 8 e 9, deixaranse xa a mañá do xoves día 29).

 

Avenida da Coruña (desfile colexios): Sábado 1 de xullo, ás 17:30 horas, un grupo aproximado de 400 persoas do Colexio Salesianos, partirá desde a Praza da Milagrosa, por rúa Mallorca, Avenida da Coruña, San Fernando, San Marcos, Santo Domingo, rúa da Raiña, Praza Maior, Praza de Santa María e Praza Pio XII, ocupando o carril dereito segundo o sentido da marcha, o que obrigará a cortar o tráfico rodado por rúa Mallorca, deixando para iso a seguinte sinalización:

 

10º.- Avenida da Coruña con rúa Mallorca: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

 

Aparcadoiro Seminario: Colocación dun letreiro (o luns 26 pola mañá) informando os usuarios da restrición de aparcadoiro no interior do mesmo desde o mércores día 28 de xuño a partir das 15:00 horas ata as 24:00 horas do domingo día 2 de xullo.

 

Rúa Anxo López Pérez: Sábado 1 de xullo, sobre as 18:00 horas e por un espazo aproximado de media hora, cortarase o tráfico rodado á altura de Praza Xaquín Lorenzo (asalto ao monte Medulio no campamento de Trebas Galaicas) situado en Cantiño Nemesio Cobreros.

11º.- Rúa Anxo López Pérez con Xaquín Lorenzo (antes Irmáns Pedrosa): 2 valos, un con R-101 (entrada prohibida) e outro con R-400b (sentido obrigatorio á esquerda) para que o tráfico de Ramón Ferreiro continúe cara Rodríguez Mourelo.

12º.- Praza Xaquín Lorenzo: 2 valos, un con R-101 (entrada prohibida) e outro con R-400a (sentido obrigatorio á dereita) para que o tráfico de rúa Vilalba e Rodríguez Mourelo continúe por Ramón Ferreiro.

 

Ronda da Muralla (corte por desfile): Sábado 1, sobre as 20:30 horas terá lugar o desfile de tropas e tribos romanas pola Ronda da Muralla. A comitiva comezará a formarse ás 20:00 horas no tramo da Ronda, entre Portamiñá e Porta Santiago, continuarán pola Rondadando a volta ata o control de accesos da Porta Santiago, por onde accederán a Pio XII, (estará baixado o bolardo). Para establecer os desvíos e efectuar este corte da Ronda da Muralla, a Brigada de Sinalización procederá á provisión de valos e sinais nos seguintes puntos:

13º.- Rúa Anxo López Pérez con Praza da Constitución: 2 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con R-400a (sentido obrigatorio á dereita) para desviar a circulación por rúa Cidade de Vigo.

14º.- Praza da Constitución con Ronda Muralla (Semáforo): 1 valo con sinal R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

15º.- Rúa Hermanitas con rúa Cidade de Vigo: 1 valo con letreiro Atención Ronda Muralla cortada por desfile.

16º.- Rúa San Roque con rúa Emila Pardo Bazán: 1 valo con sinal  R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

17º.- Rúa San Roque con Praza Mártires de Carral: 2 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con sinal R-400b (sentido obrigatorio á esquerda).

18º.- Praza do Rei con rúa San Roque: 1 valo con letreiro informativo: Atención Ronda Muralla cortada por desfile.

19º.- Rúa Nicomedes Pastor Díaz con rúa Rafael de Veiga: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida) e R-400b (sentido obrigatorio á esquerda).

20º.- Rúa Nicomedes Pastor Díaz con Ronda da Muralla: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

21º.- Rúa Miguel de Cervantes con Escalinata da Estación: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

22º.- Rúa Castelao con Escalinata da Estación: 1 valo con sinal R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

23º.- Rúa Bolaño Rivadeneira con rúa Quiroga Ballesteros: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

24º.- Rúa Ruiz de Alda con rúa Miguel de Cervantes: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

25º.- Rúa do Conde con rúa Monforte: 2 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con sinal R-400b (sentido obrigatorio á esquerda).

26º.- Avenida da Coruña con rúa Concepción Arenal: 2 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con sinal R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

27º.- Rúa Camiño Real con rúa Concepción Arenal: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

28º.- Rúa da Xesta con rúa Concepción Arenal: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

29º.- Rúa Anduriñas con Praza Bispo Odoario: 4 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con sinal R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

30º.- Praza Fonte dos Ranchos con rúa Chantada: 3 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outro con sinal R-400b (sentido obrigatorio á esquerda).

31º.- Poeta Ramón Cabanillas con Doutor Gasalla: 1 valo con letreiro Atención Ronda Muralla cortada por desfile.

32º.- Rúa Chantada con rúa Xermán Alonso: 1 valo con sinal R-400b (sentido obrigatorio á esquerda).

33º.- Rúa Poeta Noriega Varela con rúa Monte Picato: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida) e R-400b (sentido obrigatorio á esquerda).

34º.- Rúa Poeta Noriega Varela con Ronda da Muralla: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida).

35º.- Ronda da Muralla/Rúa do Teatro: 2 valos, un con sinal R-101 (entrada prohibida) e outra con R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

36º.- Rúa Puro Cora/Rúa Pascual Veiga: 1 valo con sinal R-101 (entrada prohibida) e R-403c (únicas direccións permitidas á dereita ou á esquerda).

De ser necesario efectuar cortes do tráfico rodado en momentos puntuais na Avenida de Ramón Ferreiro, no tramo comprendido entre o Gran Hotel e a rúa Anxo López Pérez, procederase á provisión da seguinte sinalización:

37º.- Ramón Ferreiro con Celso Emilio Ferreiro: 2 valos, un con sinais R-101 (entrada prohibida) e R-400a (sentido obrigatorio á dereita).

38º.- Ramón Ferreiro con Salvador de Madariaga; 2 valos, un con sinais R-101 (entrada prohibida) e R-400b (sentido obrigatorio á esquerda).

Desfile Colexios

O domingo 2, ás 10:30 horas saída de escolares do Colexio Salesianos de Praza da Milagrosa, Camiño Real, Rúa Nova, Bolaño Rivadeneira, Praza do Ferrol e San Marcos (acompañados por dous axentes a pé). A continuación, sobre as 11:00 horas, dende a Praza de San Marcos sairá o desfile dos Colexios por Raiña, Praza Maior, baixada polos Cantóns, Bispo Aguirre, tramo peonil da Ronda, Ronda da Muralla, ata a Porta de San Pedro, acceden pola Porta San Pedro, sen invadir o cruce da Ronda da Muralla-San Roque (neste punto colabora Protección Civil), rúa San Pedro, Praza Campo Castelo e tramo peonil da Ronda da Muralla.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo