" />

A Plataforma en Defensa das Especialidades do HULA denuncia que Sanidade non atende as súas peticións

A Plataforma en Defensa das Especialidades do HULA, emitiu un comunicado onde manifesta o seu descontento coa visita onte a Lugo do Conselleiro de Sanidade, para inaugurar unha exposición fotográfica no HULA. O voceiro da Plataforma José Manuel Carballo manifesta nun comunicado, “ o Conselleiro, perdeu onte en Lugo unha gran oportunidade para anunciar a posta en marcha do Servizo de Hemodinámica 24 horas, ademais meteu a pata cando volve falar do rexistro de infartados, que continúan manipulado, e aportando datos sesgados, que non son os que demanda a cidadanía.

Segundo o voceiro, “está confirmando el mesmo a mortalidade de infartados, cando di que a cifra é máis baixa que o resto do estado, pero iso evidencia que existen mortos e as Consellería non fan nada por evitalo, posiblemente teñamos que tomar as mesmas medidas que nos casos de enfermos da Hepatite C, demandalos por desatención grave con produto de morte de cidadáns, os cales tributaron os seus impostos do mesmo xeito que os doutros puntos de Galicia. Insistiremos á oficina do Valedor do Pobo na reclamación de datos que solicitamos como membros das comisións cidadás de saúde e que o Sergas non facilitou ao Valedor malia a súa insistencia e apercibimentos”.

Carballo continúa “tampouco falou de instalar o segundo acelerador nos meses de xuño e xullo como estamos reclamando, cando iso é posible, para que a totalidade dos enfermos que precisen radioterapia deixen de viaxar fóra de Lugo, nin o pistoletazo de saída aos servizos de Medicina nuclear, algo sumamente urxente”. “É sumamente grave dar importancia a unha exposición fotográfica e non  á  demandada dos recursos sanitarios que  estamos a pedir . Remata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo