" />
Asociación de Veciños de Lugo

A Plataforma Lugo… non perdas o tren comeza a incorporar asesores ao seu equipo

Como anunciou hai uns días, a  plataforma Lugo non perdas o tren, iniciou os contactos para integrar nesta a personalidades de recoñecido prestixio en temas de Transporte, urbanismo e redes ferroviarias, a modo dun comité de expertos que acheguen a esta plataforma asesoramento en todos os tramites que se prevén levar a cabo de forma inmediata.

Segundo indica na nota de prensa “para lograr para Lugo os adecuados servizos ferroviarios aos que ten dereito, en materia de reclamación de liñas, servizos, tanto no referido a pasaxeiros como a mercadorías”.

A día de hoxe a Plataforma, conta xa co ofrecemento e o compromiso de Cesar García Cordovilla, enxeñeiro de camiños, canles e portos, especializado en transportes, portos e urbanismo pola Escola de Madrid.

“Esta persoa, actualmente xubilado, reside en @Lugo, e como dicimos será o noso primeiro baluarte na nova campaña que agora empezamos a favor do tren, solicitando entrevista en Lugo con todos os Deputados e Senadores pola provincia de Lugo” .

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo