Podemos Lugo aportará varios nomes ás listas de Sumar Galicia

Este mércores 21 publicáronse no BOE as candidaturas rexistradas para as eleccións xerais do 23 de xullo, e tal como recolle o acordo de coalición, Podemos en Galicia, que concorre ás eleccións na candidatura de Sumar Galicia aportará varios nomes de candidatas e candidatos que pertencen ao Círculo de Podemos Lugo. Os responsables de Podemos Lugo, subliñan no que se refire a presencia de militantes lugueses que, “consideramos que supón unha presenza relevante da nosa agrupación local de Lugo nas candidaturas de Sumar Galicia”.

“Dende o noso ámbito municipal, e do que representa Podemos Galicia, imos  traballar para ocupar un papel importante no ciclo político que se abre nestas eleccións xerais para dende SUMAR seguir cambiando a historia política deste país e sendo a forza transformadora que mellore a vida da xente, da man de Yolanda Díaz, como a próxima presidenta do Goberno”. Aseveran dende Podemos Lugo.

Estas son as persoas do Círculo de Lugo que figuran nas candidaturas de SUMAR GALICIA na circunscrición de Lugo:  Ximena Cheda Tuya, número dous da candidatura ao Congreso, que encabeza Jose Antonio Rodríguez Añon. Traballa nun negocio local como autónoma e é a actual voceira de Podemos Lugo. Tamén forma parte da executiva de Podemos Galicia.  Carla Varela Porto, número 3 da candidatura ao Congreso, estudante de Ciencias Políticas e enlace                                                                         de feminismos da organización da xuventude de Podemos “Rebeldía”.  Fernando Otero Bello, encabeza a lista ao Senado, é responsable provincial en Lugo de Podemos Galicia. María Ángeles Gayoso Fraga, número dous da lista ao Senado. Traballadora no servizo de Axuda no Fogar e Xosé Méndez Torres, número 3 da candidatura ao Senado. Con traxectoria no activismo social e sindical.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com