Poetarras, Def Con Dos ou Familia Caamagno conforman o cartel do Castañazo Rock

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación Cultural O Castañazo, Iban Gómez, presentaron este xoves a XIV edición do Castañazo Rock que organiza esta Asociación, e que terá lugar no mercado gandeiro do Concello de Chantada o sábado 29 de outubro. O organismo provincial achega unha axuda económica de 6.000 euros para a celebración deste festival de música rock.

Os grupos que participan nesta XIV edición son Poetarras, La Raíz, Def con Dos, Nao, Esne Beltza, Familia Caamagno e Ezetaerre.

Iban Gómez, Presidente da Asociación Cultural O Castañazo, agradeceu a colaboración do organismo provincial, e avanzou que esta edición esta sendo unha das máis exitosas. “Este ano esperamos máis de 5.000 persoas”. Ademais explicou que durante a xornada haberá o Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús, Magosto, e ás 20:00 horas comezarán os concertos no Mercado Gandeiro do municipio.

O prezo das entradas é de 17 euros anticipada, e pódense adquirir na www.castanhazo.com, en calquera oficina de correos, ou nos puntos físicos habilitados no Concello de Chantada e nas principais cidades de Galicia. Na billeteira o prezo dos tíckets será de 22 euros.

Como novidade, a Asociación organizadora habilitará autobuses para poder asistir ao festival, desde algunhas das principais cidades. Abriranse rutas desde Lugo, Ourense e Santiago. Os billetes poden mercarse a través da plataforma Festymas, coa que debe contactar aquela xente interesada en abrir novos traxectos desde lugares como Vigo ou A Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com