A Policía local denuncia seis persoas por ouriñar nas paredes da Catedral esta fin de semana

A Policía local denuncia seis persoas por ouriñar nas paredes da Catedral na madrugada do sábado ao domingo. Ademais, os axentes tamén denunciaron outras dúas por facer o mesmo na rúa Bispo Basulto e nas inmediacións.

Trátase das primeiras denuncias realizadas pola Policía despois de que o Concello decidira hai dúas semanas redobrar a vixilancia policial no casco histórico por mor dos desperfectos causados polos mozos que realizaban botellón durante a fin de semana.

Os responsables de patrimonio da Catedral xa advertiran da necesidade de poñerlle freo a este tipo de prácticas polo dañino que resultan para a pedra e as portas do monumento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com