" />

A Pontenova, Mondoñedo e Monterroso acollerán as finais de infantís, xuvenís e cadetes da XXXIV Copa Deputación de Fútbol

A XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia celebrará as súas finais de categoría infantil, xuvenil e cadete esta fin de semana nos campos de A Mina (A Pontenova), Viñas da Veiga (Mondoñedo), e Cerdeiriños (Monterroso), respectivamente. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.

Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.

A primeira das finais en disputarse será a de categoría infantil, que se celebrará este sábado ás 11:30 horas no campo de A Mina, en A Pontenova e enfrontará á Sociedade Deportiva Sarriana e á Sociedade Deportiva Ribadeo. Xa pola tarde, ás 18:00 horas terá lugar a final da categoría xuvenil, que medirá á Sociedade Deportiva Porto Burela e á Escola de Fútbol Polvorín, no campo de fútbol de Viñas da Veiga, en Mondoñedo.

O domingo será a quenda dos cadetes, coa celebración da final entre a Sociedade Deportiva Ribadeo e a Sociedade Deportiva e Cultural Residencia A, a partir das 11.30 horas no campo de Cerdeiriños, en Monterroso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo