" />

O PP critica que Méndez esqueza a Calzada da Ponte do proxecto Muramiñae

O concelleiro do Grupo Popular Ángel Trabada laiouse da “miopía política do goberno socialista” que esqueceu incluír, nestes 5 proxectos, da estratexia do Edusi, o acceso principal que une o casco urbano de Lugo co Miño a traveso da calzada da Ponte.

 O concelleiro comunicou que os populares  presentaron un escrito dirixido á alcaldesa no que suxiren que “a baixa do orzamento do paso soterrado do Anxo Carro, que suma 464.889 €, se destine a mellorar esta rúa do barrio da Ponte” xa que engadiu “estamos a falar da baixada natural que comunica o río coa cidade”. Trabada explicaba que “non ten sentido que se estea falando de investimentos millonarios de fondos europeos en proxectos próximos ao Miño cando, de entrada, se deixa de lado actuar na Calzada da Ponte”.

 Trabada manifestou que nos 5 proxectos do Muramiñae, que se presentaron aos grupos da oposición, non figura ningunha actuación directa nesta rúa. “É unha mágoa que descarten planificar de forma integral o futuro deste barrio” e subliñou que “se se aspira a que sexa accesible deberíase estudar de forma conxunta  a peonalización do último tramo desta vía”. O popular tamén explicou que esta podería ser unha boa oportunidade para estudar se é necesario ampliar os gálibos dos dous pasos das pontes que hai no treito que comunica a rúa Santiago coa ponte Romana, un á altura da Ronda do Carme e o outro, á altura da Nacional VI. “Senón se inclúen agora estas actuacións pasará o mandato sen facer nada nesta zona”, resumiu o popular.

 O edil tamén lembrou a necesidade de acondicionar unha zona de aparcamento público, tal e como se aprobou a instancias do Partido Popular en setembro de 2017. Trabada preguntase se o goberno municipal iniciou os trámites necesarios para estudar a mellor localización e posterior construción desta infraestrutura.

 Por último, o concelleiro popular concluíu que “esta zona ofrece unhas grandes posibilidades para converterse nun dos contornos urbanos máis atractivos de Lugo” lamentando que “unha vez máis a falta de proxecto global de cidade do goberno socialista free a súa posta en valor sobre todo, tendo en conta, que o Camiño Primitivo discorre por esta vía”.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo