O PP cualifica de “nula” a capacidade de Lara Méndez en xestión das contratacións

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, fixo público que o servizo de contratación municipal “constatou o fracaso da xestión de Lara Méndez” á fronte do Concello de Lugo. O popular destaca que neste informe se enumeran os 22 contratos caducados no Concello de Lugo e se fai patente “o fracaso da xestión” da alcaldesa e o seu equipo á  fronte da cidade.

Antonio Ameijide destaca que dos 22 servizos co contrato caducado ou sen contrato, 10 deles caducaron baixo o mandato de Lara Méndez, sen que a rexedora se anticipase e sacara a licitación os contratos antes de que caducaran. Ademais, 6 xa caducaran cando Lara Méndez chegou á alcaldía, e en case tres anos non fixo nada ou non foi capaz de readxudicalos, e os outros 6 servizos xa se prestaban  directamente sen contrato, sen que a alcaldesa fixeran “nada por regularizar a situación”.

De todos os xeitos, o voceiro popular asegura que entende o motivo polo que os socialistas negaron o ano pasado o acceso a este documento aos membros do Grupo Popular xa que “Lara Méndez oculta a información para tapar as súas vergoñas políticas”, xa que “ela é o perfecto exemplo de como se dilapidan y se xestionan mal os cartos de todos os lucenses”. Ameijide asegura que o Concello de Lugo se atopan nunha situación de “alegalidade” e se está a gastar máis do que se debería “xa que se saca na licitación e adxudica nos contratos poderíamos acadar un aforro do 30%”.

Neste senso, o popular esixe ao equipo de goberno “que se poña a traballar inmediatamente” para sacar a licitación os contratos, xa que o xeito de actuar de Lara Méndez é “deixar caducar e non adxudicar” o que evidencia “que non ten capacidade de xestión”. Ameijide destaca que dende o Grupo Popular agardan que sexa a incapacidade porque do contrario “sería aínda peor porque podería obedecer a algún tipo de interese que descoñecemos” o que non sería nada bo para a imaxe do Concello de Lugo. Ademais, o voceiro popular destaca que non cre “en casualidades” referíndose ao feito de que os dous contratos que os socialistas sacaron a licitación quedaron desertos, contratos que
actualmente prestan co contrato caducado dúas empresas investigadas dentro da trama da operación Pokemon (xestión de museos e guindastre).

Antonio Ameijide asegura que o xefe do servizo de contratación lle reitera a Lara Méndez “a necesidade da posta en marcha dun departamento que, dependendo funcionalmente do servizo que se considere adecuado, e complementando as funcións que realizaba no seu día o Departamento de Planificación e control de Concesións, podar dar apoio aos responsables dos contratos na súa labor de supervisión e control da correcta realización da prestación pactada. Departamento que debería funciona de xeito transversal, comprobando e supervisando o cumprimento da execución do acordado en tódolos seus termos”.

Para Antonio Ameijide este documento “é un novo tirón de orellas” para Lara Méndez, aos que hai que engadir os xa dados polo Consello de Contas de Galicia, que cualificou a Lugo como un área de risco en materia de contratación, e a tesoureira municipal, que desvelou as máis de 8.463 facturas impagadas coas que Lara Méndez pechou o ano 2017.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com