O PP denuncia que a alcaldesa multiplicou por 53 o custe dos reparos de legalidade

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou esta mañá que o goberno municipal ven de multiplicar os pagos con reparos de legalidade por 53. Isto quere dicir que, segundo os populares, o concello de Lugo pasou de pagar 42.569 euros a empresas sen contrato en xaneiro de 2017 a pagar máis de 2.278.572,72 euros nestas mesmas condicións no primeiro pago deste ano 2018.

O voceiro popular recorda que no ano 2017 o goberno socialista de Lugo xa pagou máis de 20 millóns de euros e, a tenor do primeiro decreto que asinaron neste ano, “poden asinar un novo récord” de pagos con reparos de legalidade durante o 2018. Ameijide explica que a progresión dos pagos con reparos no Concello de Lugo “é alarmante” xa que se pasou dos 9.635.362,79€ no ano 2016 aos máis de 20M€. Unha situación “gravosa” para as arcas municipais que os socialistas se empeñan en “amparar” co seu xeito de actuar.

Unha situación que, segundo Antonio Ameijide, deriva no “tirón de orellas” que o Consello de Contas de Galicia lle deu Lara Méndez e o seu equipo de goberno pola súa xestión en materia económica. No propio informe de fiscalización do Consello de Contas ditamínase que a contratación en Lugo configúrase como “área de risco na xestión da entidade”. O popular recorda que “de non cambiar de actitude e modificar esta tendencia” pode que nos próximos informes deste órgano autonómico “Lugo sexa declarado zona catastrófica en materia de xestión económica”.

Antonio Ameijide asgura que Lara Méndez é a culpable de empeorar a situación económica do Concello xa que a todo o anterior hai que engadir as 8.463 facturas pendentes de pago a empresas e autónomos coas que o Concello de Lugo pechou o ano de 2017. Facturas por un valor de 12M€. Ademais, o popular recorda que os socialistas tardan unha media de 90,26 días en abonar facturas, unha cifra moi superior á que estipula a lexislación vixente. “Lara Méndez converteu a Lugo na cidade de Galicia que peor paga e situouna entre as peores de España”, afirmou o voceiro popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com