O PP denuncia que os centros sociais municipais non teñen servizo de seguridade

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, fixo público que os centros sociais municipais “seguen sen contar con seguridade privada contratada, co conseguinte risco para a seguridade dos traballadores municipais”. Mari Teijeiro lamenta que “hai varios meses que este tema se retirou da xunta de goberno local, cuestión da que tras pedir explicacións so se respostou que había dúbidas, sendo incapaces motivar as mesmas, algo que dende o grupo popular non entendemos cando había unha proposta clara de contratación con todos os informes técnicos favorables”.

Mari Teijeiro insistíu en esixir aos socialistas dilixencia no proceso xa que “non ten sentido a parálise dun servizo tan demandado por traballadores, comité de empresa e a propia xunta de persoal ante diferentes sucesos que poñían en risco a integridade dos traballadores municipais, polo que esperamos que o goberno non invente novos atrancos e o servizo comece a funcionar canto antes”.

A concelleira popular lembra que “levamos un ano con este tema. É algo histórico neste Concello que só se entende pola incapacidade e falta de xestión que está a amosar o equipo de goberno nos últimos dous anos”. A xunta de goberno aprobou os pregos de contratación na súa sesión do 8 de xuño de 2016, mentres que saíu a concurso público no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xuño de 2016 e a Mesa de Contratación para seleccionar a oferta máis vantaxosa celebrouse o 26 de xullo de 2016, dous meses antes de que a Mesa de Contratación escollera a mellor proposta con data 30 de setembro de 2016. Na xunta de goberno do 19 abril deste ano foi retirada a proposta de contratación sen explicación algunha motivada. “O que se desprende desta alarmante demora é o desinterese e a despreocupación do goberno local por este servizo”, asegura Teijeiro.

A concelleira popular lamenta a “irresponsabilidade e a falta de sensibilidade que está a amosar a alcaldesa ao desentenderse claramente” de evitar que se repitan incidentes como os que se teñen producido como os intentos de agresión e ameazas a traballadoras municipais, roubos ou os conflitos entre usuarios que se teñen producido nestas dependencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com