" />

O PP municipal demanda ao Concello a mellora da segunda Ronda con Mar Cantábrico

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Ángel Trabada, pide ao equipo de goberno que escoite as peticións dos veciños da 2ª Ronda esquina con Mar Cantábrico que demandan dende hai anos o asfaltado e unha mellora sustancial na limpeza da rúa. Ata esta rúa se desprazaron varios concelleiros do Grupo Popular, que xunto aos veciños, comprobaron de primeira man a necesidade de solucionar as súas demandas.

Ángel Trabada afirma que os veciños lles explicaron que leva uns trinta anos sen asfaltar a rúa” polo que demandan unha actuación inmediata. Ademais, segundo o edil popular, “sería bo para esta rúa e os seus veciños unha intervención nun solar de propiedade privada pero que é de uso público” xa que os veciños adoitan estacionar ahí os seus vehículos. Por iso, os populares piden ao goberno socialista de Lugo que estude a posibilidade de actuar tamén nese solar privado para deixar a rúa en boas condicións. Neste senso, a actuación a desenvolver podería ser semellante á que xa se acometeu na rúa Primavera.

“O Concello podería realizar unha actuación moi semellante á da rúa Primavera e así dar unha resposta efectiva aos veciños, xa que ambas rúas presentan características comúns, polo que a solución podería ser idéntica ou moi semellante”, explicou Trabada. Os populares tamén demandan “unha maior e mellor” limpeza da rúa, xa que “os veciños teñen que soportar a suciedade que hai na rúa xa que non se limpa nin tampouco se procede a desbrozar a rúa, polo que teñen que ser os particulares os que o fagan agora para mellorar a imaxe da rúa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo