" />

O PP pide á Xunta que poña un autobús de Láncara á Pobra de San Xiao

O Partido Popular pide á Xunta de Galicia que habilite unha liña de autobús de Láncara á Pobra de San Xiao. Deste xeito, con esta incorporación ao plan de transporte da administración autonómica, dotaríase aos veciños, en primeiro lugar, dun novo servizo, do que non dispoñen ata o de agora e, segundo, facilitaríaselles a comunicación coa capital da provincia e o Hula. Dende A Pobra enlazarían coa liña 9 que vén de Monforte de Lemos, e que ten paradas na estación de autobuses lucense e no centro sanitario.

O voceiro en Láncara do Partido Popular, Santiago Cubillas, agarda que o Goberno galego sexa “sensible coa nosa petición”. “Son moitos os veciños que nos trasladaron esta demanda. Por iso, nos dirixamos á Xunta, agardando que escoite e atenda o noso requerimento”, remarca.

Concretamente, obxectivo principal desta iniciativa é mellorar a mobilidade e a accesibilidade para que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo. O Partido Popular lidera así esta petición, pois “estamos convencidos de que revertirá no beneficio dos veciños”, e fano, subraia Cubillas, “porque temos un Goberno local que nin está nin se lle espera”.

“Non hai máis que ver que non presentou nin alegacións nin fixo propostas no periodo establecido pola Xunta (30 de maio-10 de xuño) ou como xestionou algunha subvención e axudas que viñeron tamén da Xunta, e que perderon por entregar mal a documentación; en definitiva porque non fixeron os deberes e, no canto de traballar para que os  lancareses contemos con máis e mellores servizos, semella que están máis preocupados por outros asuntos que pola xestión dos fondos públicos”, apunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo