O PP solicita unha comisaría de distrito na zona norte de Lugo

O vicevoceiro do Grupo Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, propuxo esta mañá en rolda de prensa, que o goberno local estableza certos cambios na organización e no modelo do servizo da Policía Local para mellorar a seguridade da cidade. Entre as propostas presentadas, Enrique Rozas reclama aos socialistas que abran unha nova comisaría de distrito na zona norte do municipio. Rozas indicou que existen nesta área da cidade varios edificios municipais que poderían albergar estas dependencias.

O vicevoceiro popular advirte que “a principios de 2018, coa entrada en vigor da nova lei de xubilación (aos 60 anos), poderíamos perder máis dunha vintena de efectivos e que en 2019 cerca dunha docena“. Rozas explica que cunha Comisaría de distrito na zona norte “estariamos mellor preparados para responder ás novas realidades de Lugo, en barrios onde a poboación incrementouse acollendo e facilitando a integración. Os axentes a través do coñecementos poden previr e aportar solucións para mellorar a convivencia”. “Estamos a falar dun estilo de traballo baseado na integracións dos axentes no tecido social onde prima o trato directo cos veciños, o auxilio e a axuda directa”, matizou o edil popular. 

Para completar a descentralización do servizo da Policía Local os populares tamén solicitan que se abra unha unidade administrativa no centro que atenderías os policías de segunda actividade “sería unha extensión da que hai en Sanfiz e serviría para realizar diferentes trámites como a solicitude de autorizacións de vehículos no recinto histórico, recollida de obxectos perdidos…”. Deste xeito, segundo indica o vicevoceiro popular, achégase ao cidadán un servizo que, dende que se inauguraron as novas dependencias, queda, segundo denuncian os populares, “a desmán da maioría de lucenses”.

Rozas asegura tamén que para “facer reestructuración sería convinte cumprir coa recomendación da Lei de coordinación de policías locais  de Galicia de 1,8 axentes por cada 1000 habitantes. Neste momento, a cidade de Lugo conta con 144, o que non acada nin o 1,2.

Por último, a creación de unidades especializadas é outra das demandas do Grupo do PP de Lugo. Os populares consideraron que este colectivo debe recibir formación continuada e, nesa liña, reclaman a creación dun gabinete de formación e reciclaxe interna permanente que facilite accións formativas para os axentes”.

Arranxo dos lavadoiros públicos

Noutro senso, o edil popular Manuel López, pedía esta fin de semana ao equipo de goberno que “acometa o arranxo e a limpeza” dos lavadoiros públicos rexistrados polo Concello. O concelleiro popular sinala que “a deixadez dos socialistas” provocou que polo menos dous lavadoiros sexan agora “un monte de pedras” e noutros “a maleza pasa por enriba deles”.

Manuel López tamén explicou algún caso que cualificou de “curioso”. O popular asegura que en San Miguel de Bacurín “pegado ao Camiño Primitivo había un lavadoiro e, por un problema constructivo, caeu unha parte do mesmo, pero, dende o Concello, en toques de reparlo, procederon a retiralo completamente,”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com