" />

Presentación da Banda de Música de Mondoñedo nas Festas Patronais

A cidade de Mondoñedo celebra os días 8, 9, 10 e 11 de setembro as Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios e coincidindo coas mesmas, o día 10, vaise presentar de forma oficial a Banda Municipal de Música de Mondoñedo, que leva por nome Pascual Veiga.

A agrupación desfilará coas autoridades na procesión da patroa. Tamén se levará a cabo unha xornada de convivencia os días 7 e 8 das Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Mondoñedo. O venres ás 21:00 horas haberá un concerto conxunto na Praza da Catedral no que a Banda Municipal de Mondoñedo estará apadriñada pola Banda Sons e Soños.

O programa das Festas Patronais inclúe tamén, a “VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo”, así como a actuación do coro mindoniense.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo