Presentación de Residencias Artísticas que se celebrarán este verán no Vello Cárcere

Durante a mañá de hoxe, o Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, xunto con integrantes dos colectivos LAG e RPM, presentaron no Vello Cárcere as residencias artísticas que se celebrarán durante o que resta de verán. O proxecto, coñecido como Residencias Paraíso, é un programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas na Galiza.

No caso de Lugo, estará dividido en dúas semanas. Durante a primeira semana, realizarán investigacións sobre as persoas encarceladas en Lugo, seguindo durante a segunda cunha serie de performances recreando as condicións do cárcere. Rematarán cunha mostra aberta ao público o día 31

As integrantes do Colectivo LAG, Lara Buyo e Ana Corujo, coñécense no ano 2011 en Pontevedra. Licenciadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporáneo, adícanse á arte de acción defendendo a arte en parella baixo unha liña que reivindica a igualdade na súa totalidade.

O Colectivo RPM resume a súa actuación en tres liñas: fomentar a creación artística contemporánea nas artes vivas, favorecer a relación entre distintos axentes vinculados ás artes vivas na Galiza e normalizar e visibilizar as artes vivas e a creación contemporánea galega.

Estatua de Javier Krahe

Rubén Arroxo indicou que a estatua de Javier Krahe, a cal foi vítima dos vándalos esta pasada fin de semana, será restaurada no menor tempo posíbel. Segundo Arroxo “xa se desplazaron técnicos para ver a mellor maneira de restaurar a estatua, e no menor plazo de tempo posíbel procederase á súa limpeza e á restauración se fose necesaria”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo