Presentación do adestrador Luis Milla e do director técnico Toni Otero

“Hoy arranca una etapa ilusionante, apasionante”. Con estas palabras comezou o novo adestrador do CD Lugo, Luis Milla, a súa presentación en rolda de prensa, acompañado polo presidente do Club, Tino Saqués, e o novo director deportivo, Toni Otero.

Luis Milla explicou que comeza un proxecto na súa carreira deportivo “de mucha responsabilidad” no que lle dará “continuidad” ao estilo de fútbol que xa se viña prácticando no CD Lugo. Valorou o traballo realizado polo anterior técnico, Quique Setién, e mostrou a súa satisfacción polas renovacións de “jugadores clave tanto en el campo como en el vestuario como Carlos Pita o Fernando Seoane”.

Con todo, espera que o equipo siga crecendo. “Queremos un Lugo valiente y ambicioso y por eso estamos trabajando, para configurar un equipo lo más competitivo posible”, sinalou. Agradeceu a Tino Saqués e ao Consello a “confianza que depositaron en mi para dirigir el equipo”.

O novo técnico lucense comentou que co estilo de xogo “definido” agora hai que traballar nos “matices” e anunciou que o próximo día 6 de xullo comezará o traballo de pretempada. “Queremos que el equipo esté lo más definido posible para esa fecha, aunque estoy seguro que van a faltar incorporaciones”.

Pola súa banda, o director deportivo, Toni Otero, recordou o seu pasado no Celta de Vigo, club ao que agradeceu “lo que soy”, e destacou o recibimento que estes días me fixeron no CD Lugo. “Todo hace que trabajemos con ilusión, con ganas para hacer este club más grande de lo que ya es”. Indicou que a “claridad y la sencillez del  proyecto de Tino Saqués hizo que no tuviese que pensar mucho y me decantase por venir aquí”.

Indicou que un dos obxectivos para estes anos é traballar pola canteira, xa que esa será a base futura do equipo para “que los niños de Lugo se queden en el equipo”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com