" />

Presentación do programa de actos da campaña electoral do PP

O candidato do PP Jaime Castiñeira e o comité de campaña presentaron en rolda de prensa o programa de actos para os vindeiros quince días entre os que destacan a maratón polo emprego no que o candidato prevé visitar máis de medio cento de pequenas e medianas empresas de distintos sectores.

“Os políticos temos que aprender do enxeño e do dinamismo destos pequenos empresarios e por iso promoveremos unha xornada dedicada a eles.Todas as empresas que visitaremos son un exemplo de superación, valentía, esforzo e constancia porque conseguiron transformar as debilidades de momentos difíciles en fortalezas” explicou Castiñeira. “É un luxo contar con toda esta xente que, en definitiva, contribúe a crear a marca Lugo e a dignificar a imaxe da nosa cidade” concluiu.

No calendario de campaña do PP tamén cobra protagonismo o contacto directo a pé de rúa tanto en repartos individuais, rúa a rúa, como en formatos colectivos. De feito nesta campaña porase en marcha un formato no que Castiñeira responderá nos barrios “cara a cara” aos veciños, quero aproveitar ao máximo o tempo para falar coa xente do noso proxecto de cidade” matizou o alcaldable.

A última hora do día o Partido Popular manterá o formato dos tradicionais mitíns tanto nos barrios coma no rural “participarei en 8 mítins na cidade e ao redor de 40 na zona rural”.En total desenvolveránse preto de 200 actos “o 90% da campaña farémola a pé de rúa, con montaxes moi sinxelas nas que de ti a ti presentaremos o noso proxecto para conseguir o Lugo mellor ao que todos aspiramos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo